Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Viaxar con bicicletas

Contido da páxina

O viaxeiro poderá levar consigo unha bicicleta como equipaxe en todos os servizos AVE, Larga Distancia, Avant, Media Distancia Convencional, Cercanías e Feve.

Condicións xerais de transporte de equipaxes a bordo dos trens.

Bicicletas pregadas ou desmontadas dentro dunha funda

Serán consideradas como “equipaxe de man”:

  • En AVE, Larga Distancia e Avant as bicicletas pregadas ou desmontadas deberán ir dentro duna funda cuxas dimensións non sumen entre as tres máis de 180 cm. Nos trens de Media Distancia Convencional, Cercanías e Feve non será imprescindible que as bicicletas pregadas viaxen dentro dunha funda.

Serán consideradas como “equipaxe especial”:

  • Bicicletas pregadas ou desmontadas dentro dunha funda dunhas dimensións máximas de 120 x 90 x 40 cm (largo-alto-ancho).
  • Os pedais deben estar desmontados e o guiador xirado 90º.
  • • En prazas deitadas, camas e liteiras:
    • No caso de departamentos de camas, só se admitirá en departamentos adquirido modo familiar e cun máximo de dúas bicicletas por departamento.
    • O transporte da bicicleta é gratuíto, sendo necesario obter o correspondente billete.

En trens de Media Distancia Convencional, Cercanías e Ancho Métrico, as bicicletas pregadas non será necesario que viaxen dentro de funda.

Soamente se poderá transportar unha bicicleta considerada como equipaxe especial. Neste caso, ademais o viaxeiro poderá levar unha equipaxe de man que non supere as dimensións de 55 x 35 x 25 cm (alto-ancho-fondo).

Bicicletas sen pregar ou sen desmontar

Limitarase a unha bicicleta por viaxeiro e só aos servizos de Media Distancia Convencional, Cercanías e Feve coas seguintes condicións:

  • En servizos sen reserva de praza:
    • Poderase limitar o número de bicicletas por tren.
    • Para aqueles servizos nos que non se estableza un número máximo de bicicletas por tren, a única limitación existente é que non supoña molestia para o resto dos viaxeiros, tendo sempre o persoal encargado da intervención en ruta a potestade para limitar o acceso destas en función da ocupación do tren.
    • En Media Distancia Convencional e Feve-Media Distancia, o prezo do transporte da bicicleta é de 3 euros para traxectos superiores a 100 quilómetros. Para percorridos inferiores a 100 quilómetros nestes trens o custo do transporte é de 0 €.
  • En servizos Media Distancia Convencional con reserva de praza
    • Limitarase o número de bicicletas por tren. Soamente estará permitida naqueles trens que dispoñan dun espazo ou área específica para o transporte de bicicletas, estando polo tanto limitada a un número de bicicletas por tren.
    • O prezo polo transporte da bicicleta é de 3 euros para traxectos superiores a 100 quilómetros.
  • En Cercanías
    • O viaxeiro portador da bicicleta deberá estar en posesión dun título de transporte válido e non abonará ningunha cantidade por este servizo.
    • Se a ocupación do tren fose elevada e o viaxeiro portador de bicicleta non puidese realizar a súa viaxe ou puidese ocasionar molestias, poderá optar por outro tren ou pola devolución do importe total do seu billete.
    • As bicicletas serán transportadas nos espazos destinados para iso. No caso de non existir sinalización, os espazos destinados para o transporte e acondicionamento serán os espazos de acceso dos trens autorizados, sen invadir, en calquera caso, os corredores e as zonas de asentos non abatibles.

O máximo de bicicletas por plataforma de acceso determinarao a dispoñibilidade de espazo en cada momento, prevalecendo sempre o criterio de Atención ao cliente.

Rodalíes de Catalunya

Nestes trens, as condicións de acceso e comercialización determínaas a Generalitat de Catalunya, polo tanto as normas descritas nesta páxina non son aplicables a estes.

Información adicional