Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Restauración no asento

Contido da páxina

Os trens AVE e Euromed, de luns a venres e domingos, dispoñen de servizo de restauración no asento na clase Preferente (agás os trens AVE Madrid-León).

Menús especiais

Intolerancias, crenzas relixiosas, conviccións, etc., poden ser un motivo para solicitar un menú especial. Renfe pon ao seu dispor menús especiais que se adaptan a esas necesidades.

Renfe non pode garantir que as comidas non conteñan alérxenos para algúns pasaxeiros con algún tipo de intolerancia ou alerxia, incluíndo as trazas, polo que, lamentablemente, tampouco pode aceptar ningunha responsabilidade polas posibles reaccións alérxicas, independentemente da súa gravidade. Os niños que son extremadamente alérxicos a alimentos, incluídos os froitos secos, non poderían gozar do servizo de restauración, se os pais ou titores así o expresan, cando se acollan á tarifa que lles permite a viaxe en solitario, na clase preferente, como menor non acompañado.

Poderase elixir un menú especial solicitándoo con polo menos 24 horas de antelación á hora oficial da saída do tren. Os posibles cambios de billete necesitan unha nova petición de menú especial, sempre que estes se formalicen antes das 24 horas da saída do novo tren. Os cambios de billete dentro das 24 horas da saída do tren perden a opción de elección dun menú especial. Renfe recomenda consultar no momento da compra a prestación específica do tren, debendo solicitar nese momento, se así o precisase, un menú especial de entre os seguintes:

  • Infantil.- Con produtos que xeralmente gustan máis aos nenos, cereais, pastas, salchichas, etc. e presentándoo de forma que resulte atractiva.
  • Diabético.- Elabórase con equilibrio entre proteínas, graxas e hidratos de carbono e sen azucres engadidos.
  • Celíaco (intolerancia ao gluten).- Evítanse todos os produtos que conteñen trigo, cebada, centeo e avea.
  • Baixo en sodio.- Sen sal engadido nin alimentos con alto contido en sal.
  • Vexetariano ovolácteo.- Estes menús non conteñen ningún tipo de carne, peixe nin produtos derivados destes.
  • Vexetariano estrito (vegano).- O vexetariano sen lácteos ou estrito, elimina tamén o mel, os ovos e os produtos lácteos.
  • Sen lactosa.- Exclúe o queixo, os produtos lácteos e os seus derivados, así como a lactosa ou produtos de leite.
  • Musulmán (Halal).- Non contén ningún derivado porcino ni utiliza alcol durante a súa preparación. Está certificado.
  • Xudío (Kosher).- Alimentos seleccionados, preparados e servidos segundo os costumes e leis xudías. Está certificado.
  • Menú de vixilia.- Non contén ningún produto elaborado con elementos cárnicos.

Información adicional