Renfe

Buscar en Irene de Renfe

PlayRenfe

Contido da páxina

PlayRenfe é a plataforma pioneira de conectividade wifi, contidos á carta e acceso a unha oferta global doutros produtos e servizos para os clientes de Renfe a bordo dos trens AVE.

PlayRenfe (Máis ca wifi) responde á estratexia de transformación dixital e innovación que Renfe quere ofrecer aos seus clientes dos servizos AVE a través dunha ventá de conectividade wifi que inclúe ademais contidos exclusivos para cada tipo de viaxeiro e novos servizos.

A ventá de servizos PlayRenfe parte do obxectivo de ofrecer un valor engadido á conexión wifi a bordo cunha completa oferta de contidos que Telefónica incorpora con últimas estreas de cine, series, música, libros e que inclúe a posibilidade, de ofrecer eventos en directo mentres se viaxa a 300 km/h. Trátase dun servizo á carta e personalizado, pensado para todos os tipos de clientes.

O seu esquema ten dúas opcións de acceso, Básico e Premium, ligados ao programa de fidelización +Renfe e á clase elixida para viaxar.

  • O paquete Básico inclúe conectividade de 20 Mb de datos, acceso desde un dispositivo e acceso a amplos contidos.
  • O paquete Premium inclúe conectividade de 100 Mb de datos, acceso desde tres dispositivos e amplos contidos, incluída a emisión en directo.

Descarga da aplicación

Podes descargar a aplicación desde estas ligazóns ou desde a “app store” do teu terminal.

Información adicional