Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Pagamento con PayPal

Contido da páxina

Xa pode comprar de forma rápida e segura coa súa conta PayPal.

Unha vez seleccionada na nosa web esta opción de pagamento, recoñecible no proceso de compra, será redixirido a PayPal para seguir o protocolo habitual con esta modalidade de compra: introducir o seu usuario, contrasinal e confirmar o pagamento.

Unha vez realizada esta operación volverá automaticamente a Renfe, onde poderá ver a confirmación da súa compra.

Que podo comprar con PayPal

  • Calquera traxecto nacional.
  • A Tarxeta Xove

Cambio de billetes

  • Só se permitirá cambiar con PayPal aqueles billetes que fosen mercados con esta modalidade de pagamento.
  • Durante o proceso, primeiro Renfe abonará o importe dos billetes que se desexa cambiar á conta PayPal de usuario y, a continuación, realizarase o cobramento dos billetes novos.
  • En RenfeTicket só se permitirá o cambio a custo cero, é dicir, cambio por billetes do mesmo custo.

Anulación

  • Permitirase anular billetes e formalizacións de abonos pagados con PayPal.
  • A devolución efectuarase á conta PayPal coa que se abonase o que se anula.
  • As condicións de anulación serán as mesmas que co resto de medios de pagamento da web, aplicándose as penalizacións que correspondan en cada caso.

Consulta

  • Os billetes pagados con PayPal poderanse consultar en "As miñas viaxes".
  • En RenfeTicket tamén se amosarán os billetes adquiridos con esta modalidade de pagamento.

Abonos

  • A compra de abonos pode realizarse sen restricións con PayPal.
  • Adicionalmente, as formalizacións de abonos que impliquen suplemento poderán ser abonados con PayPal.
  • En RenfeTicket, permitirase realizar formalizacións e anulacións de formalizacións sen recargo de abonos adquiridos na web e pagados con PayPal.

Canles e operacións dispoñibles

En renfe.com

  • Venda de billetes, abonos e Tarxeta Xove.
  • Formalización de abonos.
  • Anulación de billetes, abonos e Tarxeta Renfe.
  • Cambio de billetes e desformalización de abonos.
  • Reimpresión e consulta de viaxes.
  • Indemnizacións automáticas.

Coa aplicación Renfe Ticket

  • Venda de billetes.
  • Formalización de abonos.
  • Anulación de billetes.
  • Cambio de billetes.
  • Desformalización de abonos.

En axencias de viaxes

  • Formalización de abonos.
  • Anulación de billetes e abonos.
  • Cambio de billetes e desformalización de abonos.
  • Reimpresión e consulta de viaxes.

Nos despachos de billetes

  • Formalización de abonos.
  • Anulación de billetes, abonos e Tarxeta Renfe.
  • Cambio de billetes.
  • Desformalización de abonos.
  • Reimpresión e consulta de viaxes.

Máquinas autovenda

  • Anulación.
  • Cambio de billetes, só a custo 0 (importes iguais entre billetes).
  • Reimpresión.

Vostede deberá elixir a opción "PayPal" que aparece na pantalla de formas de pagamento.

Pantalla para seleccionar pagamento con PayPal

Información adicional