Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Garantía de enlace

Contido da páxina

Todos os trens de Renfe Viajeros dispoñen de garantía de enlace entre dous traxectos.

Esta garantía lévase a cabo cando, entre a hora teórica de chegada do primeiro tren e a saída do segundo, exista un intervalo horario de 60 minutos (se o cambio de tren se realiza na mesma estación) ou de 90 minutos (se o cambio de tren se realiza entre dúas estacións do mesmo concello).

Non se garante o enlace entre os servizos de Cercanías e Feve entre si, nin destes co resto de servizos.

Nos billetes con enlace garantido, o traslado entre estacións da mesma cidade será por conta do viaxeiro, a non ser que exista servizo de trens ou servizo alternativo de Renfe como é o caso de Valencia, en cuxo caso, os billetes serán válidos para realizar o desprazamento entre ambas as dúas estacións.

Perante unha posible perda de enlace imputable a Renfe Viajeros, o cliente terá dereito a obter un billete para o seguinte tren sen ningún custo, ademais da indemnización por atraso á chegada ao destino que corresponda. Se o cliente renuncia a continuar a viaxe, terá o regreso gratuíto ao seu lugar de orixe e ao reintegro do importe do billete.

Para ter dereito á garantía de enlace, o viaxeiro deberá ir provisto de billetes desde a orixe ata o destino final de cada unha das viaxes.

Canles de venda

Estes billetes poderánse adquirir nos despachos de billetes das estacións, oficina de venda de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxe presenciais e venda telefónica – Renfe Contigo 912 320 320.

Cambios e anulacións

A condicións para efectuar cambios ou anulacións serán as establecidas especificamente para as tarifas aplicadas nos billetes.

O cliente deberá presentar os billetes, xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención doutros descontos, e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Información adicional