Renfe

Buscar en Irene de Renfe

Billete Integrado Tren+Tren con billete único

Contido da páxina

É unha oferta comercial que permite viaxar entre dous traxectos nacionais diferentes nos servizos AVE, Larga Distancia, Avant, Media Distancia Convencional e Cercanías, con enlace garantido, con BILLETE ÚNICO e prezo máis competitivo.

O prezo do Billete Integrado poderá acumular o desconto derivado de ser titular de Familia Numerosa, así como calquera opción comercial á que o cliente se acolla, agás a tarifa 4Mesa e Grupos.

A solicitude de asistencia do servizo Atendo con Billete Integrado formalizarase a través do teléfono 912 140 505. Esta poderase realizar sempre e cando o tempo de transbordo o permita e, ademais, a estación de orixe, a estación de destino e a estación de transbordo estean incluídas na listaxe de estacións con servizo Atendo.

Con este Billete Integrado, o traslado entre estacións da mesma cidade será por conta do viaxeiro, a non ser que exista servizo de trens ou servizo alternativo de Renfe como é o caso de Valencia, en cuxo caso, os billetes serán válidos para realizar o desprazamento entre ambas as dúas estacións.

Canles de venda

O billete integrado poderase adquirir nos despachos de billetes das estacións, oficina de venda de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxe presenciais e venda telefónica – Renfe Contigo 912 320 320.

Cambios e anulacións

A condicións para efectuar cambios ou anulacións serán as establecidas especificamente para as tarifas aplicadas no billete.

O cliente deberá presentar o Billete Integrado xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención doutros descontos, e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Información adicional